IV Laboratorio de Radio

XV Xornadas Interxeracionais de Cabreiros

Tivemos connosco por cuarto ano o Laboratorio de Radio, presentado por Manuela Vilaboy e Xose Manuel Felpeto. Nesta ocasión puidemos coñecer unha iniciativa, coñecida como “Xermade Mola!” da man de 4 rapaces arquitectos (Inés, Elena, Diego e Raquel) que buscan emprender un proxecto para a praia fluvial de Cabreiros. Tamén contamos con tres testemuños, 3 gandeiros (Miguel, Edelmira e Adolfo) que nos contan as súas experiencias no rural e como loitan polo seu futuro. E por último, estivo presente a xuventude de Xermade ( Tania, María Castro, Abel, Maria Silva, Adán e Adela) que nos deron a coñecer un pouco mais sobre como ven a sociedade, o rural, a politica… e cales son as súas inquedanzas. Aquí o deixamos para todos aqueles que queiran volver disfrutar do momento!


Programa radio

XIII Xornadas Interxeracionais de Cabreiros

Xa van 13 años aprendendo cos nosos maiores. E dous facéndoo coa radio como testemuña de toda a riqueza que hai en Cabreiros e en Xermade. Tras a xira radiofónica feita polo Laboratorio de Radio, a redacción de Radio Cabreiros con José Manuel Felpeto como conductor do espazo farán un percorrido polas persoas e as historias que fan tan especial este recuncho da Terra Chá. Como a vida mesma, como a mesma radio.

Decripción de Momán, amor feito a man

A Radio sobre Rodas fai parada en Momán, recuncho da Terra Chá chea de historias, cuna de tradicións e cunhas particularidades que só se poden contar facendo radio. Neste programa percorreremos os principais focos de interese do lugar e teremos, música en directo. Pódese pedir máis? En Momán, non!

Radio Amuraxe, xuntando xeracións

A radio chega a Xermade con moitas gañas de recoller toda a riqueza e as experiencias da súa xente da man da Asociación Amuraxe (Asociación de Mulleres de Amuraxe). Neste espazo de encontro, coñeceremos a historia do Sindicato Agrario, percorreremos dun xeito singular a historio do pobo e afondaremos na labor e as actividades da Amuraxe. Todo iso e máis en: