Aquí vos deixamos as bases para todos aqueles que desexedes participar no premio de Investigación de “Xermade na historia”.
Como dixo o escritor Paul Valéry “A historia é a ciencia do que nunca pasa dúas veces”.
Na X Xornadas Interxeracionais de Cabreiros decídese levar a cabo o l Premio de Investigación “Xermade na historia”. A través desta publicación búscase plasmar non só a historia do concello de Xermade senon tamén a súa repercusión ao longo do tempo.
E por iso que o concello de Xermade decide publicar os premios no libro “Xermade na historia” a través do que deixar constancia dos laboriosos traballos premiados durante estes anos e que ademais garante un maior peso e válidez da nosa historia e forma de vida permitindo que quede escrito parte de nosa cultura e historia.
Antiga escola de Cabreiros
Cabreiros, Xermade (Lugo)