A carta de axuste ás sete da tarde un día tras outro iluminaba a pantalla do televisor para dar comezo a programación; ese tempo facíase moi longo, como o inverno.
O rebulir dos personaxes que traían nas súas tripas os debuxos, o teatro, os documentais, as películas e centos de contos que cerraban a emisión con outra carta de axuste , espertaban paroladas e faladoiros de todo canto alí acontecera.
A invernada de cine non quere tratar de voltar a vista atrás pero si coller como referente ese pasado tan presente para debullar entre todos as alternativas que o audiovisual nos ofrece.
Acércase o entretemento, a aprendizaxe, a compaña, o recordo, a mestura de ideas, opinións, divertimento, reflexións, risas, café e mais café e…
.
.
.
Comezamos un ano máis a cinear! Se as noitiñas dos sábados non encontras en que entreterte ,nestes meses en que a noite e o tempo de inverno están mais presente, non dúbides en acercarte a disfrutar das novidades que temos este ano para vos! Comezamos o día 23 con “A poeta analfabeta” de Sonia Méndez. Documental que quere dar a coñecer a figura de Luz Fandiño, poeta compostelá, nacionalista e feminista que se viu obrigada a emigrar na época franquista.
Isto so é o comezo! Esperámosvos
Comezamos un ano máis a cinear! Se as noitiñas dos sábados non encontras en que entreterte ,nestes meses en que a noite e o tempo de inverno están mais presente, non dúbides en acercarte a disfrutar das novidades que temos este ano para vos! Comezamos o día 23 con “A poeta analfabeta” de Sonia Méndez. Documental que quere dar a coñecer a figura de Luz Fandiño, poeta compostelá, nacionalista e feminista que se viu obrigada a emigrar na época franquista.
Isto so é o comezo! Esperámosvos!
Nalgún tempo xuntarse fronte a un televisor nas noites de inverno era motivo de reunión entre veciños. Non todas as casas tiñan televisor pero sí a mellor intención de compartila e disfrutala. A pesar de que co tempo se foi deixando esa costume, en Cabreiros non queremos perdela por iso un ano máis, un novo inverno volven as INVERNADAS DE CINE!!
O próximo 24 de outubro comezamos, farémolo a través dun traballo audivisual no que veremos a esencia do barrio do Empalme. Queredes sabe que é iso que fai tan característico a ese barrio? Deixamosvos unha pista “non soamente os lazos de sangue fan familia, a veciñanza crea un callo de mestura entre amizade e colaboración que no caso do Empalme ten unha connotación fundamental”. Non volo perdades!
Dadas as circunstancias que se nos presentan este ano polo Covid-19, todas as sesións estarán baixo o protocolo sanitario esixido polo que será necesario para garantir as medidas facer reserva da praza para cada sesión cunha semana de antelación nos seguintes números de teléfonos:
686 104 780 606 282 251
Un ano mais comeza o tempo do frio e toca encender chemineas, o día volvese curto e as noites longas, as terras deixan de necesitar cuidados e as rúas a encherse de pozas… hai que buscar como entreterse nos fogares e non é tarea fácil. Pero aqui están, volven as Invernadas de Cine de Cabreiros para facer mais levadeiro o inverno! Non volo perdades, botadelle un ollo ao cartel e sorprenderedesvos coas actividades que teremos.
Estades todos convidados a vir pasar un anaco de aprendizaxe e entretemento!
Antiga escola de Cabreiros
Cabreiros, Xermade (Lugo)