Neste último día da XV edición das Xornadas recibimos unha gran lección de traballo, pois con disciplina, orde nas tarefas, traballo en equipo e o liderazgo podese xerar un enorme resultado feito por tantos e tan pequenos seres como son as abellas. Tamén soubemos que teñen un gran enemigo que se quere aproveitar do seu esforzo, a vespa velutina. Grazas aos membros da Casa do Mel de Goente, puidemos coñecer como actúa a vespa e como podemos evitar con trampas que siga sendo invasiva.
Non quedou ahí o aprendido, pois tamén tivemos a sorte de contar con grandes emprendedores do concello. Relatándonos as súas experiencias fixerónnos ver que é posible no rural, e en concreto en Xermade, emprender ideas e crear aquí un mellor futuro laboral.
Para rematar, que mellor que ver entre todos unha gran obra de teatro, onde puidemos disfrutar dunha representación chea de humor contada por o Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra.