Rematamos estas Xornadas pero fixemolo coa intención de ter ganas de máis para as seguintes!
Pola mañá contamos con Fernando, catedrático de psicoloxía clínica para non só explicarnos os tipos de estrés que existe, se non os problemas que ocasiona, que podemos facer nos para intentar evitalo ou como mellorar a nosa saúde mental. Tamén contamos para darlle máis énfase a importancia de desestresarnos, con Araceli López, facilitadora da risa que nos fixo pasar un momento diferente, cheo de emocións e risas.
Durante a tarde, os mais pequenos, e non tan pequenos, puideron disfrutar de un momento de lecer con Mamá Cabra.
Aquí deixamos un anaquiño dos momentos que sen dúbida repetiremos para o ano coa mesma ilusión e coa variedade que nos aporta a sabiduría dos profesionais, dos maiores e dos máis novos emprendedores!





