- Bravas
Tras dar comezo o pasado sábado coa “Poeta Analfabeta” coñecimos un pouquiño mais sobre Luz Fandiño e obtivemos unha visión da loita por sobrevivir nos tempos da guerra, o que supuxo a emigración e as penurias de pasar fame do alimento e do saber. Unha muller loitadora e defensora do noso. Tras este bo sabor de boca continuamos, se cabe, con mais forza! Non esquezas a próxima cita, o día 6 de novembro coa produción teatral “Bravas” de Isabel Risco.