Dende a organización da Invernada sentimos comunicarvos que baixo a situación que está atravesando o concello de Xermade nestes momentos, con varios casos positivos no CEIP, vémonos na obriga de aprazar o concerto de Mamá Cabra programado para este sábado.
Era unha actividade pensada especialmente para o nosos nenos e nenas e por iso quedará posposta ata o momento no que podamos disfrutar todxs dela como merecemos.
Desexamos que a situación mellore na maior brevidade posible, moitos ánimos e moita saúde para todos, vémonos pronto!