Pincha aquí e explora, descubre e viven experiencias neste recuncho único
Para rematar, hoxe contaremos con unha actuación para os mais pequenos da casa. Trátase dun espectáculo infantil e familiar a cargo de Pesdelán, que combina a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos. Leva por título As Armadanzas e poderes disfrutar del a partir das 18:30h.
Un día máis estará a escola de Cabreiros de volta coa Invernada de Cine!
Nesta ocasión poderemos disfrutar do cine español coa película “Un franco, 14 pesetas”. Aquí vos deixamos un resumo da tarde que pasaremos sábado, día 2 as 18:30h.
.
.
.
Hoxe, para disfrutar da mellor forma dunha tarde de novembro teremos con nos a Xoán Goia acompañado de Penamusga!
As 18:30h na Casa Escola de Cabreiros
O día 4 de novembro as 18:30h acompañaranos o documental “Segadores da Órrea en terras de Castela”. A través del viaxaremos no tempo, pasaremos de sentirnos nos fríos días deste mes aos días da primavera para migrar cos recordos dos veciños de Órrea á sega de Castela.
Un ano mais, e iso que este ano o outono fixose de rogar, preparamos novamente na Escola de Cabreiros unhas tardes de lecer cargadiñas de actividades para entreternos os días de choiva e curtos de luz.
Serán 5 sábados de cine! Haberá para todas as idades, documentais, pelis, actuacións…. anímadevos, non haberá tarde que chegue!
Apuntade datas!
21 de Outubro con MATRIA as 18:30h.
4 de Novembro as 18:30h SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA, unha historia de héroes.
18 de Novembro CONCERTO- ACTUACIÓN DE XOAN GOÍA tamén as 18:30h.
2 de Decembro UN FRANCO, CATORCE PESETAS, as 18:30h.
16 de Decembro PESDELÁN, as 18:30h.
Antiga escola de Cabreiros
Cabreiros, Xermade (Lugo)