PREMIO XERMADE NA HISTORIA 2019


Ültimo día da XV Xorndas Interxeracionais

Neste último día da XV edición das Xornadas recibimos unha gran lección de traballo, pois con disciplina, orde nas tarefas, traballo en equipo e o liderazgo podese xerar un enorme resultado feito por tantos e tan pequenos seres como son as abellas. Tamén soubemos que teñen un gran enemigo que se quere aproveitar do seu esforzo, a vespa velutina. Grazas aos membros da Casa do Mel de Goente, puidemos coñecer como actúa a vespa e como podemos evitar con trampas que siga sendo invasiva.

Membros da Casa do Mel de Goente
Membros da Casa do Mel de Goente
Facendo trampas para vespa velutina
Facendo trampas para vespa velutina

Non quedou ahí o aprendido, pois tamén tivemos a sorte de contar con grandes emprendedores do concello. Relatándonos as súas experiencias fixerónnos ver que é posible no rural, e en concreto en Xermade, emprender ideas e crear aquí un mellor futuro laboral.

Asc. Espazo agroecolóxico A Estruga e Obrador Sensucre
Asc. Espazo agroecolóxico A Estruga e Obrador Sensucre

Perruqueiras do noso concello: Laura Cazás e María José Novás
Perruqueiras do noso concello: Laura Cazás e María José Novás


Para rematar, que mellor que ver entre todos unha gran obra de teatro, onde puidemos disfrutar dunha representación chea de humor contada por o Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra.

Grupo de teatro do Centro Social de Vedra representando a obra
Grupo de teatro do Centro Social de Vedra representando a obra

RUTA TRIMAZ-CABREIROS






INAUGURACIÓN RUTA TRIMAZ-CABREIROS

O 2 de xuño inaugurouse a Ruta Trimaz-Cabreiros. Con esta ruta, non só puidemos coñecer un pouco máis das maravillas que ten Cabreiros, se non disfrutar das pequenas cousas que nos aporta a natureza:


Vimos o percorrido do río Trimaz no que nos acompañou a sombra das árbores e da vexetación propia da marxe dos ríos.

Fumos testigos das marcas que deixan os animais salvaxes que forman parte do noso entorno, dos pequenos sendeiros que tanto uso tiveron no seu tempo, das flores propias deste mes, das sombras das grandes fragas e da súa autolimpeza por ser árbores de folla caduca.


Unha experiencia que pode vivir calquera xa que a ruta conta con moi boa señalización, e como puideron comprobar con estas imaxes, con moita tranquilidade e espectaculares vistas.

Segundo día da XV Xorndas Interxeracionais

Aquí voltamos! Neste segundo día aprendimos moitas cousas grazas aos intervintes que nos acompañaron. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do productivo día que tivemos.
  • Como manter un bo coidado dental, cales son os problemas habituais que se nos poden presentar e como podemos evitalos.
Charla sobre o coidado dental coa Dra. Vanesa Pena Arosa, odontóloga.
Charla sobre o coidado dental coa Dra. Vanesa Pena Arosa, odontóloga.
  • Coñecimos a labor tan importante que teñen no Centro Ocupacional e a Asociación de Discapacitados activos A Xanela e como consiguen mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Membros do Centro Ocupacional de Vilalba e da Asociación de Discapacitados Activos A Xanela de As Pontes
Membros do Centro Ocupacional de Vilalba e da Asociación de Discapacitados Activos A Xanela de As Pontes



  • No laboratorio de Radio puidemos presentar a posibilidade de un novo proxecto para a Praia Fluvial de Cabreiros onde todos poderemos aportar ideas. Tamén puidemos falar coa xuventude de Xermade e coñecer as súas inquedanzas e como ven o futuro neste concello.
Presentación da idea de un proxecto para a Praia Fluvial de Cabreiros
Presentación da idea de un proxecto para a Praia Fluvial de Cabreiros

Laboratorio de Radio presentado por Manuela Vilaboy e Jose Manuel Felpeto
Laboratorio de Radio presentado por Manuela Vilaboy e Jose Manuel Felpeto
Xuventude de Xermade
Xuventude de Xermade

Primeiro día da XV Xornadas Interxeracionais

Aquí deixamos o comezo da XV Xorndas Interxeracionais de Cabreiros onde puidemos saber un pouco máis sobre a normativa Forestal sobre montes e incendios, difundir a importancia do traballo de investigación de“Xermade na historia” e, como non, coñecer, in sito, unha das nosas reliquias, A Neveira de Lousada.
Acto de apertura
Acto de apertura

Presentación normativa forestal sobre montes e incendios
Presentación normativa forestal sobre montes e incendios









Visita a Neveira de Lousada
Visita a Neveira de Lousada

.

Para todos aqueles que non pudieron estar presentes, deixámosvos o seguinte enlace onde poderedes disfrutar da experiencia.

INAUGURACIÓN RUTA DE SENDERISMO TRIMAZ-CABREIROS, 2 DE XUÑO

Para todos aqueles que lles guste disfrutar e percorrer recantos paisaxísticos non dúbidedes en acompañarnos o 2 de xuño a coñecer a Ruta Trimaz-Cabreiros.
Ao remate teremos, para aqueles que queiran acompañarnos, unha comida na Casa Escola de Cabreiros composta por entrantes de empanada, churrasco, chorizo, bebida, postre e café polo prezo de 17€/persoa. Para apuntarse ao xantar poderán facelo infórmándonos á directiva da AAVV a través da canle que desexen antes do día 30 de maio.

Comezamos o percorrido coa salida do O Chao en Cabreiros, dende a Musealización da antiga Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabreiros donde se atopan os arcos e outros elementos da antiga Igrexa, para seguir ata atopar o Río Trimaz na Ponte da Acea preto da Area Recreativa da Acea e Campo de fútbol. Desplazámonos río arriba pola marxe esquerda, superando o Rego Chancelos ou Portosouto. Bordeando o río entre vexetación autóctona chegamos a Ponte de Isabel II, contruida en tempo da Raiña, hacia o ano 1.863, para salvar o río ó paso da Estrada Rábade –Ferrol. Preto atopamos a ponte sobre a estrada no seu novo trazado e seguindo río arriba a pasamos por debaixo da recén Autovía AG-64 Ferrol – Vilalba, vemos o antigo Muiño da Madeira, rehabilitado, e sobre a Ponte da Madeira cambiamos de lado para seguir subindo polo río ata a Presa do Feal. Presas e pontes humanizan o río acompañadas de árbores de ribeira. Atopamos Ponte do Aruxo, Portonovo, Ponte e Presa dos Carregás ata chegar a Ponte Baxín donde nos separamos do Río Trimaz. Diriximonos deixando atrás as frondosas Fragas de Penachaiña donde se observa a actuación na procura de alimentos dos animales salvaxes que viven na entorna, como xabarís ou corzos. Por antigos camiños volvemos preto do Portonovo e ó atopar a estrada Chao – Cabreiros buscamos o cauce do Rego dos Caxigás para seguindo pola marxe dereita veremos o antigo Muiño de Cabreiros, unha ponte de pedra e logo o Muiño do Ferreiro , que ademais do muiño conserva unha antiga Moa. Bordeando a canle do muiño seguimos arriba e desviámonos polo Camiño vello da Carballosa disfrutando da vistosidade das Fragas do San Vitorio ou Carballosa . Chegando á cima iniciamos baixada o longo do monte do espiño para buscar a Fonte da Santa Mariña donde según conta a lenda foi martirizada a Santa brotando tres manantiais donde caiu a súa cabeza ó ser decapitada. Acercámonos cara o punto de partida non sin antes visitar o impresionante Castro que conserva os vestixios da Xermade galaico-romana por proceder a súa construcción da primeira época romana, cando a partir da invasión cambiaron os hábitos tradicionais dos habitantes dos castros en altura para baixar a cotas mais levadeiras e próximos a zonas aptas para o cultivo e o traballo da terra, iniciándose na agricultura e no cuidado de animais domesticados. Atopamos de novo a Autovia AG-64 para chegar ó núcleo do Chao donde iniciamos a ruta pola parroquia despois de percorrer 14,5 km.

Podedes ver o percorrido no seguinte enlace:

http://my.viewranger.com/track/details/MTA1NTk3MTc=

XV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS

​Os vindeiros sábados 25 de maio e o 1 e 8 de xuño esperámosvos na Casa Escola de o Chao, en Cabreiros (Xermade) para desfrutar das que son xa as XV Xornadas Interxeracionais Rurais. Estades todas e todos convidados!

Podes ver todos os vídeos no noso canal de Youtube

Enlace o canal de Youtube aquí

Sábado 27 presentación do libro, Cabreiros no tempo

A Asociación de Veciños de Cabreiros ten o pracer de convidalo á presentación deste traballo de recuperación da Memoria Fotográfica da nosa Parroquia.

Remataremos con un ágape para degustar entre os asistentes.

Esperámos contar con vós

Lugar: Casa Escola

Sábado 27 de abril 11:00 Horas

libro 2