Asociación

Remate das Invernadas de cine!

Ruta de Sendeirismo Rio Trimaz – Cabreiros

 

 

 

 



 

Embárcate nunha aventura única e descobre os segredos que o lendario río Eume ten reservados para ti.

Pincha aquí e explora, descubre e viven experiencias neste recuncho único

Remate das Invernadas de cine!

Para rematar, hoxe contaremos con unha actuación para os mais pequenos da casa. Trátase dun espectáculo infantil e familiar a cargo de Pesdelán, que combina a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos. Leva por título As Armadanzas e poderes disfrutar del a partir das 18:30h.

INVERNADAS DE CINE XI- Un Franco, Catorce Pesetas

Un día máis estará a escola de Cabreiros de volta coa Invernada de Cine!

Nesta ocasión poderemos disfrutar do cine español coa película “Un franco, 14 pesetas”. Aquí vos deixamos un resumo da tarde que pasaremos sábado, día 2 as 18:30h.

 

Invernada de Cine Xl

     .

Invernada de Cine X

   
 

 


 

 

.

.

Invernadas de Cine con Xoán Goia

Hoxe, para disfrutar da mellor forma dunha tarde de novembro teremos con nos a Xoán Goia acompañado de Penamusga!

As 18:30h na Casa Escola de Cabreiros

Segundo día de cine!

O día 4 de novembro as 18:30h acompañaranos o documental “Segadores da Órrea en terras de Castela”. A través del viaxaremos no tempo, pasaremos de sentirnos nos fríos días deste mes aos días da primavera para migrar cos recordos dos veciños de Órrea á sega de Castela. 

INVERNADAS DE CINE XI

Un ano mais, e iso que este ano o outono fixose de rogar, preparamos novamente na Escola de Cabreiros unhas tardes de lecer cargadiñas de actividades para entreternos os días de choiva e curtos de luz. 

Serán 5 sábados de cine! Haberá para todas as idades, documentais, pelis, actuacións…. anímadevos, non haberá tarde que chegue! 

Apuntade datas!

 21 de Outubro con MATRIA as 18:30h. 
 

4 de Novembro as 18:30h SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA, unha historia de héroes.

18 de Novembro CONCERTO- ACTUACIÓN DE XOAN GOÍA tamén as 18:30h.

2 de Decembro UN FRANCO, CATORCE PESETAS, as 18:30h.

16 de Decembro PESDELÁN, as 18:30h.