Vll premio Xermade na historia

Aquí vos deixamos as bases para todos aqueles que desexedes participar no premio de Investigación de “Xermade na historia”.

LIBRO “XERMADE NA HISTORIA”

Como dixo o escritor Paul Valéry “A historia é a ciencia do que nunca pasa dúas veces”.

Na X Xornadas Interxeracionais de Cabreiros decídese levar a cabo o l Premio de Investigación “Xermade na historia”. A través desta publicación búscase plasmar non só a historia do concello de Xermade senon tamén a súa repercusión ao longo do tempo.

A través deste libro queremos deixar constancia dos laboriosos traballos premiados no ano 2015 e 2016 que nos transmiten a historia e cultura do noso pobo e non queremos que quede no esquecemento.

PREMIO XERMADE NA HISTORIA 2019


IV premio Xermade na historia 2017

Arquivos:

Bases escaneadas Xermade na Historia

Modelo de participación no IV premio de investigación

Bases e premios

Bases-Premio-Xermade-na-Historia-2014

Premio Xermade na historia

Traballos e Resolucións

O Premio de investigación “Xermade na historia” nace no ano 2014, dentro dunha das reunións de organización das Xornadas Interxeracionais Rurais, nas que forman parte a Asociación Veciñal de Cabreiros, a Facultade de Ciencias da Educación da USC e o Concello de Xermade. O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a riqueza material e inmaterial do concello de Xermade a través de traballos de investigación que servan para dar a coñecer a toda a cidadanía o patrimonio local e que serva como semente de novas posibles investigacións nestas parroquias xermadinas. Para iso prepáranse as bases que se publican cada ano na páxina web do concello de Xermade e onde calquera persoa pode descargar o modelo de participación no premio. Para este certame contamos con persoas do xurado relevantes nos seus ámbitos de traballo coma D. Ramón Villares Paz, D. Antonio Reigosa Carreiras e D. Manuel Souto López; asimesmo forma parte de dito xurado D. José Manuel Felpeto Carballeira como presidente da asociación veciñal de Cabreiros e o alcalde de Xermade, D.Roberto García Pernas.

Na convocatoria do ano 2014 preséntanse dous traballos:

PRIMEIRO PREMIO - “Xermade castrexa e galaico-romana” de Javier Gómez Vila, María del Mar Neira González e Rubén Borrajo Santos;

SEGUNDO PREMIO - “A neveira de Lousada no Camiño Mondoñedo-Ferrol (pasado-presente e futuro)” de Yesmina Seijas Álvarez Sofía Paleo Mosquera.

Mención honorífica - “Dúas historias escritas en Carbón. Arqueoloxía e arqueobotánica de estruturas relacionadas co carboneo e o proceso de mineral en Folgoso (Xermade-Lugo) de María Martín Seijo e Andrés Teira Brión.
“Pepa a Loba e o bandoleirismo en Galicia: realidade e ficción” de Pablo Cancelo López, Marco Vélez Barreiro e María Isabel González Piñeiro;
“Santa Mariña de Cabreiros” de Patricia Cillero Ramos;
“Lendas de Momán. A realidade detrás do mito” de Judit Gómez Fernández;

Na convocatoria do ano 2015 preséntanse dous traballos:

PRIMEIRO PREMIO - “A igrexa de Santo André de Lousada: Arte e arquitectura” de Silvia Blanco Agüeira.

SEGUNDO PREMIO - “Escolma do patrimonio cultural da auga no concello de Xermade: Muíños, batán e fábrica da luz” de Ramón Cedrón Díaz.

Na convocatoria do ano 2016 preséntanse dous traballos:

PRIMEIRO PREMIO - “Sancti Iuliani de Cazanes. Historia e memoria” de Antonio Riveira Requeijo;

SEGUNDO PREMIO - “Unha iniciativa pioneira e asociativa en torno á madeira: os torneiros de Xermade”, de Cristina Barreiro Abuín