XX Xornadas Interxeracionais Rurais

Con moita ilusión e moitas ganas presentámosvos o programa das XX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, Xermade.

Unha edición especial, pois chegar á cifra dos 20 anos é un reto constante de compromiso e traballo, pero sempre coa recompensa de tervos a vós ao outro lado, xa que sodes parte indispensable para que isto siga adiante!
Así pois, outro ano máis queremos convidarvos a que nos acompañedes, temos un programa do máis completo e variado e queremos seguir aprendendo e compartindo en comunidade, disfrutando xunt@s destes días de xornadas, nos que cant@s máis sexamos mellor!

Sígue todas as novidades en Facebook!

#Cabreiros #XXxornadasinterxeracionaisrurais #ConcellodeXermade #dinamizandoorural

Remate das Invernadas de cine!

Ruta de Sendeirismo Rio Trimaz – Cabreiros

 

 

 

 



 

Embárcate nunha aventura única e descobre os segredos que o lendario río Eume ten reservados para ti.

Pincha aquí e explora, descubre e viven experiencias neste recuncho único

Remate das Invernadas de cine!

Para rematar, hoxe contaremos con unha actuación para os mais pequenos da casa. Trátase dun espectáculo infantil e familiar a cargo de Pesdelán, que combina a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos. Leva por título As Armadanzas e poderes disfrutar del a partir das 18:30h.

INVERNADAS DE CINE XI- Un Franco, Catorce Pesetas

Un día máis estará a escola de Cabreiros de volta coa Invernada de Cine!

Nesta ocasión poderemos disfrutar do cine español coa película “Un franco, 14 pesetas”. Aquí vos deixamos un resumo da tarde que pasaremos sábado, día 2 as 18:30h.

 

Invernada de Cine Xl

     .

Invernada de Cine X

   
 

 


 

 

.

.

Invernadas de Cine con Xoán Goia

Hoxe, para disfrutar da mellor forma dunha tarde de novembro teremos con nos a Xoán Goia acompañado de Penamusga!

As 18:30h na Casa Escola de Cabreiros

Segundo día de cine!

O día 4 de novembro as 18:30h acompañaranos o documental “Segadores da Órrea en terras de Castela”. A través del viaxaremos no tempo, pasaremos de sentirnos nos fríos días deste mes aos días da primavera para migrar cos recordos dos veciños de Órrea á sega de Castela.