Que é a invernada de cine?

A carta de axuste ás sete da tarde un día tras outro iluminaba a pantalla do televisor para dar comezo a programación; ese tempo facíase moi longo, como o inverno.

O rebulir dos personaxes que traían nas súas tripas os debuxos, o teatro, os documentais, as películas e centos de contos que cerraban a emisión con outra carta de axuste , espertaban paroladas e faladoiros de todo canto alí acontecera.

A invernada de cine non quere tratar de voltar a vista atrás pero si coller como referente ese pasado tan presente para debullar entre todos as alternativas que o audiovisual nos ofrece.

Acércase o entretemento, a aprendizaxe, a compaña, o recordo, a mestura de ideas, opinións, divertimento, reflexións, risas, café e mais café e…

Máis info no noso facebook

VIII INVERNADA DE CINE

Nalgún tempo xuntarse fronte a un televisor nas noites de inverno era motivo de reunión entre veciños. Non todas as casas tiñan televisor pero sí a mellor intención de compartila e disfrutala. A pesar de que co tempo se foi deixando esa costume, en Cabreiros non queremos perdela por iso un ano máis, un novo inverno volven as INVERNADAS DE CINE!!

O próximo 24 de outubro comezamos, farémolo a través dun traballo audivisual no que veremos a esencia do barrio do Empalme. Queredes sabe que é iso que fai tan característico a ese barrio? Deixamosvos unha pista “non soamente os lazos de sangue fan familia, a veciñanza crea un callo de mestura entre amizade e colaboración que no caso do Empalme ten unha connotación fundamental”. Non volo perdades!

Dadas as circunstancias que se nos presentan este ano polo Covid-19, todas as sesións estarán baixo o protocolo sanitario esixido polo que será necesario para garantir as medidas facer reserva da praza para cada sesión cunha semana de antelación nos seguintes números de teléfonos:

686 104 780 606 282 251

Vll INVERNADAS DE CINE 2019

Un ano mais comeza o tempo do frio e toca encender chemineas, o día volvese curto e as noites longas, as terras deixan de necesitar cuidados e as rúas a encherse de pozas… hai que buscar como entreterse nos fogares e non é tarea fácil. Pero aqui están, volven as Invernadas de Cine de Cabreiros para facer mais levadeiro o inverno! Non volo perdades, botadelle un ollo ao cartel e sorprenderedesvos coas actividades que teremos.

Estades todos convidados a vir pasar un anaco de aprendizaxe e entretemento!



Cartel invernada 2018

Bases-Premio-Xermade-na-Historia-2014