Ultimo dia das XIX xornadas

📅 Este sábado en Cabreiros finalizan as “𝙓𝙄𝙓 𝙓𝙤𝙧𝙣𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙄𝙣𝙩𝙚𝙧𝙭𝙚𝙧𝙖𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙞𝙨 𝙍𝙪𝙧𝙖𝙞𝙨. 𝘼𝙥𝙧𝙚𝙣𝙙𝙚𝙣𝙙𝙤 𝙘𝙤𝙨 𝙣𝙤𝙨𝙤𝙨 𝙢𝙖𝙞𝙤𝙧𝙚𝙨”

🔍 Pola mañá entregaremos o IX Premio “Xermade na Historia”, presentaremos o terceiro libro do premio, que recompila traballos de outras edicións, e convocaremos o X premio.

🗣️ Pola tarde, haberá unha charla sobre eficiencia enerxética e autoabastecemento.

🏡 Logo teremos unha mesa participativa, onde trataremos a importancia da dispoñibilidade da vivenda para loitar co despoboamento do rural, veremos unha proposta de solucións, e tamén se intentarán resolver as dúbidas que o público plantexe sobre o proceso de arrendamento.  Para esto, queremos 𝗜𝗡𝗩𝗜𝗧𝗔𝗥 𝗔 𝗧𝗢𝗗𝗔𝗦 𝗔𝗦 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗣𝗥𝗢𝗣𝗜𝗘𝗧𝗔𝗥𝗜𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗘𝗡𝗗𝗔𝗦 𝗕𝗔𝗟𝗘𝗥𝗜𝗔𝗦 𝗡𝗢 𝗡𝗢𝗦𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 a participar, con fin posibilitar a posta en valor das súas propiedades.

👋🏼 Acompañádenos a darlle o remate a estas Xornadas!

Primeiro dia das XlX Xornadas Interxeracionais

O comezo desta XlX edición veu cargadiña! 

Que mellor resumo que a nova no Progreso  do acontecido. Vémonos o 27 de Maio!

XIX Xornadas Interxeracionais Rurais

Aquí estamos de novo, sumamos un ano máis e imos camiño da edición número 19!

Emocionados/as e felices de achegarvos o que será o programa deste 2023.  Queremos seguir compartindo e aprendendo e a vósa compañía é unha das partes esenciais desta experiencia que non para de medrar 😊

Apuntade datas!! 

  • 20 de maio
  • 27 de maio
  • 3 de xuño

Agardamos que vos guste e que o podamos disfrutar todos/as xuntos/as vémonos axiña!

Iremos informandovos das actividades cando se aproxime o día pero por si queredes ir botandolle un ollo, aqui vos deixamos o resumo dos 3 días:

 

Sigue tamen aquí: XlX Xornadas Interxeracionais en Facebook

Obradoiro para o mes de maio

O próximo mes de maio, levarase acabo un obradoiro de Resina Epoxi os días 6 e 13 de Maio na casa escola do Chao (Cabreiros). 

No prezo vai incluido o material.

 Número para calquera dúbida e para anotarse: 619373865 - Pedro 🎨

Remate das rutas desta primavera

Aqui vos deixamos a última ruta!! Como sempre pedimos que nos avisedes para contemplar a posibilidade de ir en autobús e ademáis en esta ocasión ofrecemos a *alternativa  de comer en restaurante ó rematar a ruta* (menú do día, aprox. 16 €), e quen non queira pode levar o bocadillo como sempre 🥖🧀 Agradecemos que antes do día * 1 de maio* nos comuniquedes  a asistencia e tamen se queredes comer no restaurante para poder reservar. Graciñas!!! 😊🥾🏞

Seguimos con mais Rutas de Senderismo!

 Recordatorio para a terceira ruta de senderismo! Para anotarse agradecemos que o faigades antes do mércores 19 de abril! A seguir ruteando!!!  🥾🏞😊

Novas actividades 2023! RUTAS DE SENDERISMO

Iniciamos as actividades do ano, ide apuntando na axenda porque ven cargadiño: rutas de senderismo, cursos, excursións, xornadas interxeracionais…. 
 

Comezamos o dia 1 de abril coa Ruta Praia das Catedrais-Foz. Rogamos que vos anotedes antes do 28 de marzo.

Último dia da X Invernada de cine

A Invernada de Cine chega ao fin da súa décima edición, este vindeiro venres 30 de decembro, co paiaso Peter Punk Pallaso e o seu espectáculo “Punkdemia” 😁

Gustaríanos que grandes e sobre todo pequen@s nos acompañarades para dar por rematada esta edición cunha tarde de diversión e risas aseguradas! 

Non podedes faltar! Agardamos por tod@s na casa-escola de Cabreiros ás 19:30 da tarde, non hai forma mellor de rematar o ano 😄

Último dia da X Invernada!!

A Invernada de Cine chega ao fin da súa décima edición, este vindeiro venres 30 de decembro, co paiaso Peter Punk Pallaso e o seu espectáculo “Punkdemia” 😁

Gustaríanos que grandes e sobre todo pequen@s nos acompañarades para dar por rematada esta edición cunha tarde de diversión e risas aseguradas! 

Non podedes faltar! Agardamos por tod@s na casa-escola de Cabreiros ás 19:30 da tarde, non hai forma mellor de rematar o ano 😄

Terceiro dia de Invernada de Cine

Este vindeiro sábado chega o teatro á Invernada de Cine 

Teatro Ghazafelhos co seu espectáculo “Iriña bailarina” fará que grandes, e máis aínda, os pequen@s da casa pasemos unha tarde do máis entretida a través da historia desta bailarina que devece por poder saír da súa caixa de música!

Animádevos a acompañarnos e que ningún neno nin nena quede na casa, agardámosvos 😉