Publicacións

As publicacións da Asociación de Veciños de Cabreiros recollen parte da memoria, da historia e da vida comunitaria da parroquia e do concello de Xermade. Libros e proxectos editoriais que poñen en valor o patrimonio, o asociacionismo e as experiencias compartidas ao longo dos anos.

Xornadas Interxeracionais Rurais

As Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros forman parte dun proxecto de dinamización comunitaria creado para favorecer o encontro, a aprendizaxe e o intercambio de experiencias entre persoas de diferentes xeracións.

Esta publicación recolle o espírito dunha iniciativa estreitamente ligada á vida de Cabreiros e do rural, baseada na participación da veciñanza e na transmisión de saberes, cultura e memoria entre maiores, adultos e novas xeracións.

Guía das Asociacións do Concello de Xermade

A Guía das Asociacións do Concello de Xermade naceu a partir do I Encontro de Asociacións coa finalidade de reunir nun único documento información sobre as entidades do municipio.

A publicación permite coñecer a historia e o traballo de cada asociación, dar visibilidade á súa actividade e facilitar o contacto e a colaboración entre a veciñanza de Xermade.

Cabreiros no Tempo

Cabreiros no Tempo é unha memoria gráfica da parroquia construída a partir de antigas fotografías achegadas pola propia veciñanza, cun percorrido pola vida de Cabreiros entre 1910 e 1980.

Nas súas páxinas recóllense escenas relacionadas co agro, a emigración, a escola, as festas, a música, o fútbol ou a vida cotiá, contribuíndo a conservar e transmitir a historia e os recordos da comunidade.

Cabreriros, 15 Anos de Dinamización Comunitaria

Cabreiros, 15 anos de dinamización comunitaria recolle a experiencia desenvolvida na parroquia arredor das Xornadas Interxeracionais e doutras iniciativas de participación veciñal e dinamización do rural.

A publicación combina a memoria das actividades realizadas ao longo dos anos con reflexións sobre interxeracionalidade, asociacionismo, educación e vida comunitaria, ofrecendo diferentes olladas e recursos arredor do traballo realizado en Cabreiros.

Documentales

Memoria, cultura e tradicións de Cabreiros en formato audiovisual.

Lembranzas dunha escola unitaria | Cabreiros

O liño arte e cultura | Cabreiros

A trenza do pelado | Dina Fernández Ladra

O toxo na nosa cultura | Cabreiros

Homenaxe aos nosos músicos