Catro días de sendeirismo por Cangas do Morrazo

A Asociación de Veciños de Cabreiros prepara catro días de sendeirismo por Cangas do Morrazo para descubrir a súa costa, praias e espazos naturais do 17 ao 20 de setembro.

A programación de sendeirismo continúa en setembro cunha proposta diferente: catro días para coñecer algunhas das paisaxes máis espectaculares de Cangas do Morrazo, combinando rutas, natureza e convivencia.

A data límite para anotarse é o 8 de xullo, e no caso de que se esgoten as prazas terán prioridade os soci@seirismo de setembro

Catro días para descubrir o Morrazo

Durante estas xornadas percorreranse diferentes puntos de Cangas do Morrazo, cun programa pensado para desfrutar dos sendeiros costeiros e das paisaxes que caracterizan esta zona das Rías Baixas. Entre os lugares destacados atópanse Cabo Home e os seus cantís, a praia de Liméns e diferentes miradoiros con vistas ás Illas Cíes, ademais de praias, piñeirais e outros espazos naturais do litoral.

Sendeirismo, natureza e convivencia

A proposta terá lugar os días 17, 18, 19 e 20 de setembro de 2026, converténdose nunha oportunidade para pasar varios días fóra de Cabreiros e seguir descubrindo Galicia a través das rutas de sendeirismo.

Para máis información e inscricións pódese contactar no teléfono 686 104 780.

Desde a asociación agardamos que vos animedes a acompañarnos e a compartir catro fantásticos días de natureza, sendeirismo e boa compañía por Cangas do Morrazo.

Últimas Novas

Actualidade e novidades de Cabreiros

Catro días de sendeirismo por Cangas do Morrazo

23 de maio: historia, memoria e clausura das XXII Xornadas Interxeracionais Rurais

16 de maio: literatura, cine e creatividade nas XXII Xornadas Interxeracionais Rurais