A Asociación de Veciños de Cabreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de rutas de sendeirismo 2026, unha proposta pensada para seguir descubrindo a nosa contorna natural mentres compartimos xornadas de convivencia, deporte e paisaxe.
Este ano o programa contará con catro rutas diferentes, combinando percorridos lineais e circulares, todos eles de dificultade baixa e adaptados para que poidan participar persoas con distintos niveis de experiencia.
Natureza e convivencia
As rutas de sendeirismo convertéronse nos últimos anos nunha das actividades con maior participación dentro da asociación. Máis alá do exercicio físico, estas xornadas permiten desfrutar do rural, coñecer novos lugares e fortalecer os vínculos entre veciños e veciñas. Os percorridos están pensados para realizarse en grupo e cun ritmo accesible, creando un ambiente agradable e participativo no que o importante é compartir a experiencia.

Reservade xa as datas
Desde a asociación anímase a todas as persoas interesadas a ir reservando as datas no calendario e a participar nesta nova tempada de sendeirismo.
Moi pronto irase publicando información máis detallada de cada saída: horarios, lugares de encontro, prazos de inscrición e detalles sobre transporte ou comidas.
Cabreiros volverá así a converterse nun punto de encontro para todas aquelas persoas que gozan da natureza, das camiñadas e da boa compañía.




A organización tamén destaca que, como noutras edicións, se estudará a posibilidade de contar con servizo de autobús para algunhas rutas, así como a opción de reservar comida en restaurante ao remate de cada xornada.