"Un paseo Pola Vida" ( V invernada de cine)

Documental que recolle as historias da vida das mulleres traballadoras de Xermade. Con esta peza preténdese lembrar o esforzo daquelas mulleres que, en anos complexos, sacaron adiante traballos que so elas desempeñaban.
Traballo realizado por Seres Producciones (Laura Canto Vilasuso, estudante de comunicación audiovisual e Rubén Veiga Roca, titulado en realización e producción), contan coa colaboración do xornalista Baruk Domínguez Grandío, para a Asociación cultural Roteiros da Carba de Lousada.
Unha peza feita en Xermade , por xente de Xermade.