Ficción e realidade danse a man na Invernada de Cine con ‘Entre Lobos’

A quinta Invernada de Cinema de Cabreiros, unha aposta polo audiovisual como dinamización do rural, arrincou onte cunha mestura de realidade e ficción, xa que o protagonista da historia real na que se baseou a película que elixiron para a estrea estaba presente.
Marcos Rodríguez Pantoja, o home que viviu doce anos só cos animais en Serra Moura, é o protagonista real da historia de ‘Entre Lobos’, a película que dirixiu Gerardo Olivares e que interpretou Juan José Ballesta.