Santa Mariña

Santa Mariña , martir , celébrase o 18 de xulio e etimoloxicamente significa “ do mar “ proveniente da lingua latina.

Hai historias de santas e de santos que chegan a impactar porque aínda sen haber moitos datos reais sobre delas e deles están envoltos nunha aura de misterio e lenda que chega a encantar resultando aparte de interesante e enriquecedor , emotivo.

Esta xoven Marina naceu en Pontevedra alá polo ano 119 tocándolle unha vida dura naqueles primeiros anos do cristianismo envoltos nun sinfín de turbulencias provocados en gran parte polas continuas persecucións as que eran sometidos/as os seguidores deste movemento cristiá. O pai de Marina era gobernador mandado polo emperador para rexir os destinos das dúas provincias , Galicia e Portugal , naqueles intres baixo o poder do imperio romano.

Cinque Terre

Marina e máis a súa irmán Liberada foran criadas fóra do fogar por mor de que seu pai non poida pensar por un só intre que as súas fillas foran educadas nesa relixión o que a nai chamada Calsia arranxábase para mandalas a outros fogares fóra do alcance do pai debido a ese odio que mantiña e trasmitía nunha persecución sen tregua en contra da relixión cristiá , quizais ese fora o motivo e ante a imposibilidade de frear a súa vocación o que o levou a disposición de encerralas.

Chamounas a palacio e con sangue fría invitounas a renunciar o que el supoñía unha blasfemia , elas non só renunciairon senón que xa na cárcere fuxiron intentando atopar acougo. Foron asesinadas e martirizadas ao caer nas mans de quen non entendían o que as movía , o símbolo da palma que porta maxestuosa Marina non e máis que o reflexo dese martirio.

Os últimos datos din que os seus restos foron levados a Baiona , Pontevedra, alá polo ano 1515.

Tamén se di que se parou na nosa parroquia a descansar e que estivo sentada nunha pena alá arriba cerca da capela do San Vitorio contemplando quizais a beleza e a larganza que dende alí pode darnos un día claro de veran , un día coma o 18 de xulio , un día adicado a nosa patroa. Na pedra onde estuvo sentada poden verse as marcas do seu asento así coma das mans que apoiou a ámbolos lados , alí na fonte da Santa onde gurgulla auga que nunca se esgota onde había un carballo máis tarde devorado polo lume que se podía ver dende moitos kilómetros. A fonte , a nosa fonte segue manando verán e inverno do mesmo xeito que tantos e tantos romeiros visitaron e visitan tan fabulesco e idílico paraxe.

Na igrexa parroquial de Cabreiros elegante e maxestuosa érguese a imaxe da Santa Mariña co seu manto de gala dunha cor vermella pero máis claro que o que habitualmente luce louvando por encima doutras peculariedades a súa faciana anxelical e que amosa eterna xuventude dando esa sensación de paz . Como dato anecdótico dentro da aura que a envolve suliñar que a súa perruca é de pelo natural e foi doada por unha freguesa hai máis dun século.

AUTOR: Federico Cabaleiro Ardao

Traballo presentado na primeira edición de Xermade na historia realizado por Patricia Cillero Ramos sobre a Santa Mariña de Cabreiros

Cinque Terre