Programa radio

XIII Xornadas Interxeracionais de Cabreiros

Xa van 13 años aprendendo cos nosos maiores. E dous facéndoo coa radio como testemuña de toda a riqueza que hai en Cabreiros e en Xermade. Tras a xira radiofónica feita polo Laboratorio de Radio, a redacción de Radio Cabreiros con José Manuel Felpeto como conductor do espazo farán un percorrido polas persoas e as historias que fan tan especial este recuncho da Terra Chá. Como a vida mesma, como a mesma radio.

Decripción de Momán, amor feito a man

A Radio sobre Rodas fai parada en Momán, recuncho da Terra Chá chea de historias, cuna de tradicións e cunhas particularidades que só se poden contar facendo radio. Neste programa percorreremos os principais focos de interese do lugar e teremos, música en directo. Pódese pedir máis? En Momán, non!

Radio Amuraxe, xuntando xeracións

A radio chega a Xermade con moitas gañas de recoller toda a riqueza e as experiencias da súa xente da man da Asociación Amuraxe (Asociación de Mulleres de Amuraxe). Neste espazo de encontro, coñeceremos a historia do Sindicato Agrario, percorreremos dun xeito singular a historio do pobo e afondaremos na labor e as actividades da Amuraxe. Todo iso e máis en: