Obxectivos e Fins

Mellorar socio-culturalmente coas actividades realizadas dentro e fóra da Asociación. Contribuir interxeracionalmente ó mellor entendemento creando debate de ideas para dinamizar e mellorar o rural.

Entender as necesidades no ámbito da propia parroquia e intentar, baixo a tutela das administracións conseguir os financiamentos apropiados para a súa realización. Seguir medrando como sociedade achegando, dende a Asociación de Veciños de Cabreiros, actividades e programas tanto propios como alleos.

Personas beneficiarias: conta cuns 300 socios propios da Asociación, aínda que as actividades están abertas a todas as persoas que se queiran achegar, gozando das que hai ou propoñendo outras novas.

Recursos: local social con salón de actos, cociña e aseos na parte baixa; aula de informática biblioteca, oficina e dous cuartos para a impartición de cursos, ademais doutros aseos, na parte de arriba.