Muiños

Cando comezamos a falar dos muíños non podemos pasar por alto a importancia que levou consigo ao longo do tempo en canto a riqueza etnográfica se refire , estes convidados de pedra que rezuman franqueza en sabe deus cantas e cantas historias que ao longo da súa andaina foron recollendo coma marcas do paso dos días, caivancas limpas pola auga esa auga que invade paseniña o corazón destas sereas e ahora lóbregas testemuñas .

Témonos que transportar moi lonxe no tempo para empezar a encontrar as primeiras orixes na arte de moer. É aquí en Galicia onde os primeiros muíños podían datar do período Neolítico sendo utilizados a man cun sistema consistente nunha pedra plana onde se derramaba o gran para así fregar con outra cilíndrica que a modo e maneira dunha especie de rolo o esmagaba. Podemos ver se poñemos a nosa imaxinación a funcionar coma un sistema tan primario levaba consigo o xerme e a esencia básica do que máis adiante e mesturando outros elementos nos irá levando o que hoxe en claro retroceso convertiríase en algo tan cotiá coma necesario.

Xa na época romana utilízanse os muíños circulares tamén da man compostos primariamente por unha especie de pé sobre o que xira unha moa pequena que era accionada directamente tirando co brazo abastecéndose de gran por un ollo central. Este sistema ou tipo de moenza foise derivando principalmente de cara ao gando pola imposibilidade de moer unha fariña que resultara coa finura necesaria para o consumo humano empurrado tamén polo avance tanto no carácter funcional coma técnico .

En referencia aos primeiros muíños do Neolítico podemos facernos unha lixeira idea o revolver na historia do castro de Vilacide onde nunha das súas entradas principais agóchase o que poidera ser unha especie de forno rudimentario para así acabar o proceso de darlle forma o gran a vez que serve para unha vez máis resaltar esa vital importancia vinculativa ao económico e social relacionándose ambas en certa maneira coa propia alimentación do grupo ou clan familiar así coma do gando que como iremos vendo lévanos ao análise de usos mancomunado ou particular de cara ao abastecemento da zona entendendo nalgúns casos coma “ modus vivendi “ do muiñeiro.

E xa na Idade Media ou medievo cando no referente a construción estos adoptan no que a forma e a tamaño se refiere unhas dimensións que nos empurra a empezar a falar dun segundo elemento importantísimo na execución da mellora e evolución do muíño en si , a auga .

Esta convertese en fonte vital de potencia para poder mover dúas grandes pedras onde no medio agóchase o gran. Estes muíños tamén chamados hidraúlicos pegan un pulo importante a partires do século XVII co aumento máis que sustancial na colleita da diversidade de gran onde resaltaban sobremaneira o millo,trigo,centeo e cebada.

Abandoando o medievo e coma curiosidade estos muíños situábanse naquela época na titularidade de familias con abolengo económico permitíndose telos en propiedade nobres ou abadías e mosteiros onde os propios muiñeiros traballaban de arrendado ou simplemente levaban a propiedade no término de caseiros rendindo tributo económico aos donos destos muíños ou aceas . Coa inclusión desta tipoloxía de muíños de auga na que entraremos con detalle máis adiante abandonamos en certa maneira os de man coma orixe da gran diversidade e cantidade de muíños espallados polo noso país.

Entrando xa en intentar facer unha análise do que acontece e a modo de exemplo na nosa parroquia de Cabreiros coa diversidade, que si a temos, no que a muíños se refire non podemos pasar por alto o significado que apuntabamos ao chegar un desenvolvemento agrícola que forzou a que familias se formularán ben a nivel particular ou mancomunado o facerse co seu propio muiño subliñando dentro destas características o que podemos denominar “ muíños de herdeiros “ onde como o seu propio nome indica dábase unha continuidade a unha propiedade.

Estos podiamos velos coma casos máis ou menos aillados sendo o máis común que tiveran un carácter cooperativista dende o eixo de ser construídos por xentes da mesma parroquia ou lugar, recibían o nome de “ muíños de quendas “ atribuíndose coma un sistema de rotación previamente establecido para a utilización do dereito que cada propietario tiña para o seu aproveitamento.

Non hai mais que referirse o significado literal da palabra quenda para atopar “ Tempo en que lle corresponde facer, recibir ou usar algunha cousa,segundo unha repartición previa “ tradicionalmente utilizábanse as quendas para regar , moer ou para gardar o gado nun lugar determinado.

Cando o muíño pasaba a ser dun propietario e dependendo da zona onde estaba ubicado recibía o nome de “ muíño maquieiro “ nome que veu derivativo de “ maquia “ que según recolle o noso dicionario galego podemos darlle tres diferentes significados pero sen case alterar a simboloxía do significante : medida de capacidade para medir grans , legumes... que equivale habitualmente e dependendo do lugar a sexta parte dun ferrado.Tamén se denomina o recipiente que se utiliza para esa medición sendo a máis axeitada quizais polo contexto no que traballamos a porción de gran,fariña e as veces aceite que se lle daba ao muiñeiro por cada vez que se moe . Non podemos esquecernos que no pago da maquia había unha medida pouco máis menos establecida sobre unha libra , 600 gramos por cada once kilos e onde se alugaban co intercambio da fariña.

Entrando na clasificación dos muíños da nosa parroquia podemos enumerar a grandes rasgos para entrar máis adiante en detalles que sobreviven uns en bo estado outros atravesando unhas connotacións de semi-abandono e outros xa rozando o deterioro en estado ruinoso. Temos entre nós muíños con canle, muíños con cubo ou pozo , muíños onde se incorpora a vivenda do muiñeiro concedéndolle a denominación na maioría dos casos de aceas. Temos que sentarnos aquí pretiño do muíño de Gil posto que non hai tantos anos era unha acea onde o muiñeiro e a súa familia vivían exclusivamente do seu traballo moendo para todo aquel que quixera. Contamos tamen con unha concentración de muíños denominados irmáns ou aliñados por estar alimentados pola mesma fonte de abastecemento, un regato común.

Poñémonos a camiñar e subimos polo regato de Chao e atopamos a unha distancia aproximada de uns trescentos metros ao muíño do Rebellon que deixa paso ao de Cas Chao cedéndolle a titularidade máis abaixo ao da casa de Alonso para acadar e sempre seguindo o curso da auga no muíño do Rego. Irmandados e pretos uns doutros sobreviven cun denominador común coma é a sangue que os alimenta e algún día guiou o sinfín dos seus rodicios, a auga. Si temos que falar do factor predominante iriámonos o muíño pequeno feito de pedra do país típica da zona e cuberta de lousa nunha medida aproximada duns vinte metros cadrados e cun sistema de canle podendo ver unha similitude entre eles case perfecta.

Sexa de CANLE ( canal de pedra con relativa pendente que leva a auga dende a presa ata o reductor de entrada da bodega do muíño facéndose máis estreito co fin de intensificar o chorro ) ou de cubo ( poliedro de pedra pegado o muro traseiro do propio muíño e que baixo un sistema de regulación VILLAS ou SATEIRA ceiban a auga exercendo a forza necesaria para mover o rodicio ) recóllese na súsa totalidade o aproveitamento da auga que comeza cunha canalización secundaria dende o río ou presa que nos levaría a entender a filosofía do muíño de rodicio horizontal o traballar cunha caída de auga directa necesaria para poñer en marcha todo ese mecanismo rotativo poñendo en funcionamento un eixo vertical que a sua vez atravesa as pezas que levan o feito da trituración no cal entraremos máis adiante con máis detenemento.

Neste eixo e repasando os muíños de Cabreiros non temos máis que achegarnos ao muiño de Fresco para ver debuxado un sistema de cubo e de canle ao mesmo tempo coa particularidade da enorme distancia ( 800 metros aproximadamente ) dende onde derivaron esa canalización que alimenta e almacena o aporte principal para o seu funcionamento.

Dende o rodicio e sempre tendo en conta na diversidade de dialectos que contempla as distintas zonas dentro da nosa Galiza as principais pezas que conforman un muíño podémolas subraiar coma o eixo vertical chamado de distintas maneiras, árbore , vara ou veo que atravesa as pezas ou pedras que se utilizan para a trituración . No referente ás pedras feitas de granito debían de posuir unhas características específicas para o aporte dunha moenza o máis fina posible que na maioría dos casos tiña moito que ver coa dureza ou o brando do material que compoñían estas pedras de moer tamén chamadas PE , a parte fixa, e MOA a parte xiratoria. Outra das partes importantes na moenza era saber regular dalgún xeito esa pequena abertura que tiña que haber entre ámbalas pedras para entre outras cousas non provocar que quenceran en demasía coa fricción correndo sempre este fenómeno en detrimento da fariña a elaborar , desta maneira e axudados pola ARRICEIRA podíase subir ou baixar a moa ao antollo e sapiencia do muiñeiro.

Calquera que visitou un muíño unha das pezas que a primeira vista mais chama a atención e esa especie de tronco piramidal cortado e coa cabeza abaixo onde se botaba o gran , a MOEGA que ten a súa continuidade na CAÑETA ou QUENLLA peza que leva con exactitude o gran o ollo da moa axudada por unha pequena ligazón chamado TARABELO , CARRACA ou CACAREXO que co movimento xiratorio do árbol ou vara fai mover a cañeta á mesma velocidade que o muiñeiro lle pida o abrir máis ou menos as villas movemento este que fara andar máis o rodicio , o árbore , o tarabelo e a cañeta dándolle máis axilidade na caída do gran.

Se nos paramos a pensar na caída do gran polo ollo da moa teriamos que ter algo para que parte dese gran non baixara directamente para o río , pois entre o pé e a moa axústase unha peza de madeira chamada BUXA cunha forma circular que leva un burato no medio deixando pasar por aí a SIGURELLA peza esta que impide que o gran se perda polo río abaixo , como curiosidade e falando da buxa coma o seu propio nome indica está feita da madeira de buxo nada máis e nada menos que polas características especiais tanto en dureza como resistencia a calor debido a fricción que soporta esta madeira tan escasa nos nosos tempos

Estamos a falar na maioría dos casos de muíños ou coa denominación de aceas onde dependendo en certa maneira da utilidade en relación coas cantidades e calidades da moenza se acoplaba unha caixa a saída da fariña e cunha similitude no que a filosofía de funcionamento se refire o do tarabelo ou carraca peneirando a fariña sacándoa máis limpa a vez que se aproveitaba o salvado para utilización do gando. Hoxe en día na nosa parroquia podémolo ver en bo uso e traballando no muíño de Gil.

Temos que resaltar que noutros muíños como xa denominamos de constitución máis pequena onde só se moía para os propios donos. Mantíñase o modus operandi que formaba a columna principal e a esencia do propio feito de moer pero a diferencia radicaba en que na sua maioría non levaban consigo tanta complexidade no entramado das pezas que o constituían cando estamos a falar dunha acea.