asociacion veciños Cabreiros

Asociación de veciños de Cabreiros

Actualidade da Asociación

Email
info@cabreiros.es
Sede
Antiga escola de Cabreiros
  • Inicio
  • Novas
  • A.VV.
  • S.D.C. Cabreiros
  • Galerías
  • Contacto

Invernada de Cine

A.V.V. Novas - Invernada de Cine

Invernada de Cine

Invernada de Cine
17 - 11 - 2021

Esta semana volve ser semana de invernada! O vindeiro sábado, 20 de novembro, ás 18:30,  teremos tarde de cine 😄

 

Será unha sesión especial na que comezaremos coa presentación do libro Otra educación con cine, literatura y canciones, de Jaume Carbonell Sebarroja e Jaume Martínez Bonafé, contando coa presenza deste último, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Valencia.

Trátase dun ensaio divulgativo que fala da infancia e da xuventude dentro e fóra da escola, da diversidade cultural e sexual, do pensamento crítico e do profesorado, invitando á reflexión.

Ademais esta presentación irá acompañada da proxección da película Buda explotó por vergüenza,de Hana Makhmalbaf, a cal relata a historia dunha nena afgana que loita por ir á escola e recibir unha educación.

 

Animádevos a pasar unha tarde ben entretida, onde haberá espazo para o coloquio, a aprendizaxe e a diversión 😄

Asociación de veciños de Cabreiros

Antiga escola de Cabreiros
Cabreiros, Xermade (Lugo)

Encóntranos no mapa

A. VV. Cabreiros

Axuda inega

Coñece Cabreiros

  • Próximamente

Concello de Xermade

Páxina web do concello

info@cabreiros.es
Teléfono
619 547 072
Redes sociais
Copyrights © 2018 Cincotresweb. Todos os dereitos reservados.
×
  • Inicio/Novas
  • Novas
  • A.VV.
  • S.D.C. Cabreiros
  • Contacto