O 2 de xuño inaugurouse a Ruta Trimaz-Cabreiros. Con esta ruta, non só puidemos coñecer un pouco máis das maravillas que ten Cabreiros, se non disfrutar das pequenas cousas que nos aporta a natureza:
Vimos o percorrido do río Trimaz no que nos acompañou a sombra das árbores e da vexetación propia da marxe dos ríos.
Fumos testigos das marcas que deixan os animais salvaxes que forman parte do noso entorno, dos pequenos sendeiros que tanto uso tiveron no seu tempo, das flores propias deste mes, das sombras das grandes fragas e da súa autolimpeza por ser árbores de folla caduca.
Unha experiencia que pode vivir calquera xa que a ruta conta con moi boa señalización, e como puideron comprobar con estas imaxes, con moita tranquilidade e espectaculares vistas.