Igrexa Parroquial

A antiga igrexa era obra de dúas épocas. Parte da nave era máis antiga ( s. XVI ), a capela maior databa do s. XVIII. A torre das campás estaba separada do resto do edificio. A nave era rectangular con teito de madeira con dúas vertentes. Enriba do dintel da porta lateral había un releve en pedra que representa unha figura humana espida. A capela maior con teito de madeira a catro augas, e arco triunfal de medio punto. A sacristía estaba ó lado norte do presbiterio. Os muros eran de pedra, o chan de laxes e o tellado de lousa.

- Retablo maior : Da primeira metade do século XVIII con columnas salomónicas.

- Retablo dereito : De estilo rococó cun releve de San Antón de Padua sacando unha alma do lume ( derradeiro tercio do s. XVIII).

- Retablo esquerdo : De estilo neoclásico, con esculturas de San Caetano e Nosa Señora do Carme ( s. XVIII ) e San Antón de Padua ( s. XIX).

- Retablo da nave : Cun Cristo de finais do s. XVIII e imaxe de Santa Mariña (titular da parroquia).

Cruz parroquial de prata con releve de Santa Mariña.