Festas Patronais

No barrio do Reguengo celébrase o 19 de Marzo a festa na honra de San Xosé, vestindo a capela de flores e candeas que permanecen acesos en sinal de devoción.

Chega o mes de xullo e Cabreiros celebra as súas festas parroquiais en honra a Santa Mariña. Aínda que o día propio é o 18 de dito mes, dende hai xa varios anos, teñen lugar o segundo fin de semana para evitar así coincidir coas festas do Carme de As Pontes.

Estas festas prolónganse ó longo de tres ou catro días: o venres é o dia da verbena, sábado e domingo celébrase unha misa xunto cunha procesión, para continuar, no campo da festa, a sesión vermut. Á tardiña celébrase un partido de fútbol entre o equipo do Cabreiros e outro visitante. Chega a noite, e ao redor das 11, ten lugar a gran verbena. Ao día seguinte continúa a festa con este mesmo programa.

Antano O dia 18 era día da Sta. Mariña Pequena, día no que continuaban os festexos, aínda que estos últimos anos é o luns cando ten lugar unha liscada para os veciños da parroquia.

No aspecto lúdico no barrio de S.Martiño, todos os anos en Agosto ten lugar a festa das merendas, concentrándose nunha carballeira veciños e achegados para disfrutar dun xantar así como da verbena.