Cruceiros

Os vellos camiños cubrían por un lado o papel de comunicación entre as distintas comunidades rurais e entre estas e os asentamentos do mundo urbano. Por outro, os camiños vinculaban as casas veciñas dos distintos lugares, constituíndo desta maneira prolongadas rúas vacías de casas, lugares de encontro. Por último, os camiños unían a casa-vivenda coas numerosas microparcelas próximas, convertíndose en abertos corredores domésticos.

Os camiños principais tiñan tamén un marcado carácter sagrado. As súas encrucilladas principais quedaban sacramente señalados cun cruceiro. Os camiños principais de cada parroquia son aqueles que comunican os diferentes grupos de casas coa igrexa parroquial. Por eles camiñaban os fregueses para acudir á misa dominical aos diferentes rituais e actos relixiosos. Os distintos camiños confluían en puntos sinalados por cruceiros ou capelas onde se atopaban con outros fregueses.

Cinque Terre Cinque Terre