Cabreiros

Benvidos á páxina web de Cabreiros, unha pequeniña aldea situada na Terra Chá.

Esta páxina xorde có propósito de que a nosa historia non quede no olvido, de que os que nacemos aquí poidamos coñecer un pouco máis de nós mesmos, e mesmo para aqueles que tiveron que emigrar destas terras para que poidan recordarnos.

Para todos aqueles que non sabían de nós, esperamos que a súa visita virtual lles permita coñecernos un pouquiño, ó mesmo tempo desexamos que toda a información aquí exposta sexa do seu interese. Moitas grazas por visitarnos.