Traballos e Resolucións

O Premio de investigación "Xermade na historia" nace no ano 2014, dentro dunha das reunións de organización das Xornadas Interxeracionais Rurais, nas que forman parte a Asociación Veciñal de Cabreiros, a Facultade de Ciencias da Educación da USC e o Concello de Xermade. O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a riqueza material e inmaterial do concello de Xermade a través de traballos de investigación que servan para dar a coñecer a toda a cidadanía o patrimonio local e que serva como semente de novas posibles investigacións nestas parroquias xermadinas. Para iso prepáranse as bases que se publican cada ano na páxina web do concello de Xermade e onde calquera persoa pode descargar o modelo de participación no premio. Para este certame contamos con persoas do xurado relevantes nos seus ámbitos de traballo coma D. Ramón Villares Paz, D. Antonio Reigosa Carreiras e D. Manuel Souto López; asimesmo forma parte de dito xurado D. José Manuel Felpeto Carballeira como presidente da asociación veciñal de Cabreiros e o alcalde de Xermade, D.Roberto García Pernas.

Na convocatoria do ano 2014 preséntanse dous traballos:

PRIMEIRO PREMIO - "Xermade castrexa e galaico-romana" de Javier Gómez Vila, María del Mar Neira González e Rubén Borrajo Santos;

SEGUNDO PREMIO - "A neveira de Lousada no Camiño Mondoñedo-Ferrol (pasado-presente e futuro)" de Yesmina Seijas Álvarez Sofía Paleo Mosquera.

Mención honorífica - "Dúas historias escritas en Carbón. Arqueoloxía e arqueobotánica de estruturas relacionadas co carboneo e o proceso de mineral en Folgoso (Xermade-Lugo) de María Martín Seijo e Andrés Teira Brión. "Pepa a Loba e o bandoleirismo en Galicia: realidade e ficción" de Pablo Cancelo López, Marco Vélez Barreiro e María Isabel González Piñeiro; "Santa Mariña de Cabreiros" de Patricia Cillero Ramos; "Lendas de Momán. A realidade detrás do mito" de Judit Gómez Fernández;

Na convocatoria do ano 2015 preséntanse dous traballos:

PRIMEIRO PREMIO - "A igrexa de Santo André de Lousada: Arte e arquitectura" de Silvia Blanco Agüeira.

SEGUNDO PREMIO - "Escolma do patrimonio cultural da auga no concello de Xermade: Muíños, batán e fábrica da luz" de Ramón Cedrón Díaz.

Na convocatoria do ano 2016 preséntanse dous traballos:

PRIMEIRO PREMIO - "Sancti Iuliani de Cazanes. Historia e memoria" de Antonio Riveira Requeijo;

SEGUNDO PREMIO - "Unha iniciativa pioneira e asociativa en torno á madeira: os torneiros de Xermade", de Cristina Barreiro Abuín